sábado, 5 de novembro de 2022

O noso Samaín

    

 Para celebrar o Samaín este curso, entre as moitas actividades que levamos a cabo no centro, decidimos elaborar entre todos e todas un conto terrorífico encadeado no que todas as aulas participasen, ben redactando ou ben ilustrando. E o resultado non puido ser máis satisfactorio.

Amosámovolo a continuación!

                        


                         

                             

Parabéns a todxs polo esforzo e o bo traballo!




martes, 15 de marzo de 2022

Seguimos celebrando a Rosalía


 



No CEIP Antonio Carpintero seguimos celebrando a Rosalía aínda no mes de marzo porque, como dixemos moitas veces, o 23F son todos os días do ano.

Desta volta, o alumando de 6º de EP recítanos algúns dos poemas máis famosos de Rosalía de xeito maxistral.






 

mércores, 23 de febreiro de 2022

Celebramos a Rosalía



    Para conmemorar o Día de Rosalía, hoxe 23 de febreiro, as nenas e nenos do CEIP Antonio Carpintero realizaron distintas actividades que tiveron como fin último recordar e celebrar á nosa autora máis importante e famosa.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de EP realizaron un minilibro sobre a autora.











O alumnado de 3º de EP recitou diferentes poemas da escritora con moita graza.








 

Os alumnos e alumnas de 1º de EP realizaron un precioso “audiopoema” do famoso poema “Adiós río, adiós fontes”.


Entre tod@s quixemos berrar alto e claro que Rosalía segue viva en nós!!! 



martes, 22 de febreiro de 2022

23 de febreiro: Día de Rosalía

 



    Dende este ano pasaremos a celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro. O motivo deste cambio no calendario foi que a investigadora Sagrario Abelleira documentou datos ata o de agora descoñecidos sobre Rosalía que nos indican que a verdadeira data de nacemento da autora é o 23 de febreiro de 1837, e non o 24 como se cría ata o momento.

Ademais, este ano contamos con outra novidade sobre esta conmemoración: é a primeira vez que se inclúe o Día de Rosalía na relación de datas a celebrar polos centros escolares.

Por estes motivos e por outros moitos como que sen Rosalía probablemente non teriamos hoxe en día a conciencia colectiva de termos unha lingua de noso, que foi a primeira muller que ergueu a bandeira da defensa da lingua ou a primeira que escribiu en lingua galega o seu Cantares gallegos, este ano quixemos celebrar o seu día por todo o alto.

Para conmemorar, pois, o Día de Rosalía decidimos facer un gran mural en tea no que bordamos (si, lestes ben) un poema de Rosalía do seu poemario Follas novas e pintamos diferentes elementos do poema representado.

A seguir achegamos certas probas que amosan o proceso colaborativo de elaboración do mural e o resultado final que foi pendurado na entrada exterior do centro e que nos lembrará cada día á nosa autora por excelencia, a que soubo reflectir o que eramos, e somos, como pobo.

Longa vida a Rosalía!








































martes, 8 de febreiro de 2022

7 de febreiro: Día dos Medios en Galego

 

Cada 7 de febreiro, trala declaración institucional no Parlamento de Galicia, a Asociación de Medios en Galego celebra o Día dos Medios en Galego. Este ano baixo o lema: BOTA A LINGUA A PACER.

É esta unha celebración que lembra a saída á luz da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d´A Portela, en 1876.

Dende o CEIP Antonio Carpintero queremos convidarvos a botar a lingua a pacer todos os días do ano e en calquera contexto!!



luns, 20 de decembro de 2021

Vídeos de felicitación para a aula hospitalaria

 

Ademais dos adornos de Nadal para decorar o andar infantil do hospital e as postais de felicitación, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria, realizaron uns vídeos de felicitación para as nenas e nenos que están a pasar estas datas no hospital.




Pois o dito, moi Bo Nadal a tod@s!!!

mércores, 15 de decembro de 2021

Levamos un sorriso á aula hospitalaria

        

        Ola a todos e a todas!

        En primeiro lugar, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos darvos as grazas a todas as nenas e nenos no CEIP Antonio Carpintero polo marabilloso traballo que realizastes estes días para a aula hospitalaria de Ourense. 



        Queremos que teñades moi presente que levastes un sorriso grande e moita ledicia en forma de debuxos, adornos de nadal, felicitacións doces e cheas de esperanza... En palabras da profe Vanesa: 

"Ós nenos e nenas encantáronlles todas as cousas que mandastes. Estivemos moi entretidos decorando o andar do hospital. Mil grazas a todos vós".

  

                                            

        Ademais, as portas das habitacións dos nenos e nenas e os despachos do persoal sanitario tamén foron decoradas cos vosos debuxos e postais tan bonitos.

      




     


    



As nenas e nenos recibiron os vosos agasallos conn moita ilusión e leron as fermosas palabras de felicitación do Nadal que lle dedicastes.

   

  

  


        Moitísimas grazas a tod@s por facerdes que o Nadal doutros nenos e nenas sexa un pouquiño máis feliz!

    


  

  



































O noso Samaín

        Para celebrar o Samaín este curso, entre as moitas actividades que levamos a cabo no centro, decidimos elaborar entre todos e todas ...