Que é unha Aula Hospitalaria?
As Aulas Hospitalarias son as unidades escolares que xorden dentro
dun hospital co obxectivo principal de que os nenos e nenas hospitalizados
poidan continuar os seus estudos aínda que estean enfermos. Ademais, a aula
hospitalaria tamén é un espazo onde os diferentes nenos e nenas acoden a
divertirse, a xogar, a socializar e, en definitiva, a tratar de esquecer a delicada
situación persoal na que se atopan.
Quen asiste á aula hospitalaria?
Como dixemos, á aula hospitalaria
asisten os nenos e nenas que están no hospital por diversos motivos de saúde: operacións,
fracturas, enfermidades leves ou graves... A estancia no hospital pode ser:
○ Longa
hospitalización: máis de
30 días.
○ Media
hospitalización: entre 15
e 30 días.
○ Curta
hospitalización: menos de
15 días.
Como se senten os nenos e
nenas que están no hospital?
Como podedes imaxinar, os nenos e nenas
que están hospitalizados non están felices por moitos motivos:
○ Moitas veces abúrrense porque teñen
que pasar moitas horas na habitación do hospital sen poder saír.
○
Algúns teñen dores ou molestias físicas.
○ Outros non saben cando van poder voltar para a casa e ver os seus compañeiros/as de colexio nin ós seus familiares.
○ Outras veces están desanimados e
tristes pola situación que están a vivir.
A Aula
hospitalaria do Complexo Hospitalario de Ourense
O Hospital de Ourense conta cunha Aula Hospitalaria
que atende a nenos e nenas de todas as idades que teñen que quedar ingresados
no hospital durante un tempo, ben sexa curto ou longo. A mestra que está este
curso na Aula Hospitalaria de Ourense chámase Vanesa.
Ao igual que no noso colexio, estes
nenos e nenas, ademais de estudar, levan a cabo numerosas actividades divertidas como a
celebración das distintas conmemoracións (Samaín, Nadal, Entroido, Día do Libro…). Outras veces, acoden ao hospital distintas persoas co fin de amenizarlles
un pouco a súa estadía alí: pallasos, músicos, cantantes, contacontos, etc.
Para
reflexionar…
Como cres que te sentirías ti se
tiveses que quedar ingresado no hospital?
Con que tipo de persoas che gustaría
atoparte alí? Que actividades che gustaría facer?
Como cres que se sinten os nenos e
nenas que están no hospital?
Ningún comentario:
Publicar un comentario