luns, 20 de decembro de 2021

Vídeos de felicitación para a aula hospitalaria

 

Ademais dos adornos de Nadal para decorar o andar infantil do hospital e as postais de felicitación, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria, realizaron uns vídeos de felicitación para as nenas e nenos que están a pasar estas datas no hospital.




Pois o dito, moi Bo Nadal a tod@s!!!

mércores, 15 de decembro de 2021

Levamos un sorriso á aula hospitalaria

        

        Ola a todos e a todas!

        En primeiro lugar, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos darvos as grazas a todas as nenas e nenos no CEIP Antonio Carpintero polo marabilloso traballo que realizastes estes días para a aula hospitalaria de Ourense. 



        Queremos que teñades moi presente que levastes un sorriso grande e moita ledicia en forma de debuxos, adornos de nadal, felicitacións doces e cheas de esperanza... En palabras da profe Vanesa: 

"Ós nenos e nenas encantáronlles todas as cousas que mandastes. Estivemos moi entretidos decorando o andar do hospital. Mil grazas a todos vós".

  

                                            

        Ademais, as portas das habitacións dos nenos e nenas e os despachos do persoal sanitario tamén foron decoradas cos vosos debuxos e postais tan bonitos.

      




     


    



As nenas e nenos recibiron os vosos agasallos conn moita ilusión e leron as fermosas palabras de felicitación do Nadal que lle dedicastes.

   

  

  


        Moitísimas grazas a tod@s por facerdes que o Nadal doutros nenos e nenas sexa un pouquiño máis feliz!

    


  

  



































O noso Samaín

        Para celebrar o Samaín este curso, entre as moitas actividades que levamos a cabo no centro, decidimos elaborar entre todos e todas ...