Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Antonio Carpintero de Arbo queremos darvos a benvida a este blog sobre a lingua galega Eu fáloa porque si! 😍
Este recuncho dixital tentará ser un espazo onde todos e todas xuntas poidamos partillar milleiros de experiencias na nosa lingua e, sobre todo, desfrutar desta sen complexos para así preservala e evitar que remate desaparecendo.
Desta maneira, animámosvos a que nos leades, a que comentedes, a que opinedes e a que fagades deste espazo un lugar propio que fala a vosa lingua e a dos vosos devanceiros.
E para comezar... gustaríanos que pescudarades de onde vén o nome do blog, animádesvos? 👀
Ningún comentario:
Publicar un comentario