Para conmemorar o Día de Rosalía,
hoxe 23 de febreiro, as nenas e nenos do CEIP Antonio Carpintero realizaron
distintas actividades que tiveron como fin último recordar e celebrar á nosa
autora máis importante e famosa.
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º
de EP realizaron un minilibro sobre a autora.
O alumnado de 3º de EP recitou
diferentes poemas da escritora con moita graza.
Os alumnos e alumnas de 1º de EP realizaron un
precioso “audiopoema” do famoso poema “Adiós río, adiós fontes”.
Entre tod@s quixemos berrar alto e claro que Rosalía segue viva en nós!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario