Ola a todos e a todas!
En primeiro lugar,
dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos darvos as grazas a
todas as nenas e nenos no CEIP Antonio Carpintero polo marabilloso traballo que
realizastes estes días para a aula hospitalaria de Ourense.
Queremos que teñades
moi presente que levastes un sorriso grande e moita ledicia en forma de
debuxos, adornos de nadal, felicitacións doces e cheas de esperanza... En palabras
da profe Vanesa:
"Ós
nenos e nenas encantáronlles todas as cousas que mandastes. Estivemos moi
entretidos decorando o andar do hospital. Mil grazas a todos vós".
Ademais, as portas das habitacións dos nenos e nenas e os despachos do persoal sanitario tamén
foron decoradas cos vosos debuxos e postais tan bonitos.
As nenas e nenos recibiron os vosos agasallos conn moita ilusión e leron as fermosas palabras de felicitación do Nadal que lle dedicastes.
Moitísimas grazas a tod@s por facerdes que o Nadal doutros nenos
e nenas sexa un pouquiño máis feliz!